Comezan os traballos de pavimentación na avenida de Ortigueira das Pontes

Deron comezo as obras de mellora da pavimentación e dos servizos públicos de alumeado e saneamento na Avenida de Ortigueira, no tramo inmediato ó cemiterio municipal.

Estas actuacións permitirán a renovación estrutural e superficial da zona, seguindo os mesmos criterios aplicados nos proxectos de humanización levados a cabo polo goberno local no centro urbano, incrementando os niveis de funcionalidade, seguridade viaria, accesiblidade e calidade da rúa.

Entre os traballos previstos inclúese a renovación do pavimento das beirarrúas, a colocación dos alcorques a nivel para impulsar a accesibilidade do viario, a mellora do servizo de alumeado e de saneamento coa reposición das arquetas e a instalación de novo mobiliario urbano (bancos e xardineiras).

O proxecto, cun orzamento de 58.849,56 euros con cargo ó POS Adicional 2018 da Deputación da Coruña, será executado pola empresa Ovisa Pavimentos y Obras, S.L.U.

Etiquetas