Skip to main content
ActualidadeMeira

O Teatro Marionetas Trécola actuará en Meira no Día do Libro

Por 13 Abril, 2019Setembro 21st, 2019Sin comentarios

O Teatro Marionetas Trécola representará en Meira a obra O agasallo de Anya, concretamente o vindeiro día 26 de abril a partir das 20.0o horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura.

A actividade está organizada polo Concello de Meira xunto coa Anpa do CEIP Avelino Díaz.  Despois da representación intervirá Sabela Núñez Singala, a autora da novela infantil do mesmo nome.

Estes actos vinculados entre eles están organizados dentro da celebración do Día do Libro.