O Concello recoñecerá o labor de 15 mulleres pontesas

O Concello de As Pontes, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, recoñecerá, o próximo mes de xullo, a contribución de 15 mulleres á sociedade pontesa na quinta edición da iniciativa “As Pontes, as nosas mulleres”.

Do mesmo xeito que noutras ocasións, as homenaxeadas, foron propostas polas entidades veciñais do municipio e coa súa elección tratarán de reivindicar a participación deste grupo de mulleres ao desenvolvemento local, á visibilización do colectivo feminino no municipio así como á consecución dos dereitos das mulleres traballadoras, tanto desde un punto de vista profesional, social como persoal.

Entre as mulleres ás que o Concello de As Pontes renderá homenaxe nesta nova edición de “As Pontes, as nosas mulleres” atópanse María Ofelia Pena Pena, a proposta da AA.VV Raíces de Goente; Belén Caínzos Peña pola AA.VV A Magdalena; María Digna Seoane Otero da AA.VV O Freixo; Francisca Rivera Tojeiro a proposta a AA.VV Vincallo; Josefa Bouza Puentes pola Asociación de Viúvas María Magdalena; Josefa Barro Carballeira pola AA.VV Painceiras Ribadeume-Bermui; Elisa González Ramos da AA.VV Virxe do Pino de Saa; Maruja Fernández Díaz pola Asociación de Veciños A Choupana; Divina Dasilva Pena, a proposta da AA.VV e Mulleres Rurais de Pontoibo; Digna Ramil Polo por Lembranza da Vila; Josefa Acción Amarelo pola Asociación de Veciños Santa María do Aparral; María Dolores Pico Bouza, a proposta da AA.VV A Veiga da Areosa; Carmen Dovale Salgueiro pola AA.VV FOCAPA; Dolores Ramos Caaveiro da AA.VV Beira do Eume e María del Rocío Pena Rodríguez pola Asociación Encoro da Ribeira.

Desde o Concello de As Pontes, Ana Pena, edil de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego, quixo agradecer a todas as asociacións veciñais a súa colaboración para levar a cabo esta homenaxe e amosou todo o seu recoñecemento “a todas as mulleres propostas xa que nos representan a todas as veciñas do municipio”

O acto público de recoñecemento terá lugar o día 18 de xullo e nel mostrarase, a través da proxección dun vídeo un pequeno resumo da vida destas mulleres e os motivos polos cales son merecedoras desta homenaxe.

O Concello ademais editará un libro no que recollerá a vida destas mulleres, artífices da sociedade pontesa, exemplos de loita, superación e compromiso coas súas familias e o seu municipio.

Etiquetas