O BNG de Castro presenta a súa candidatura ás municipais

O BNG presentou a candidatura para as eleccións municipais no concello de Castro de Rei. Un total de 13 persoas conforman a candidatura que se completa con outras 3 que figuran como suplentes. “Somos mulleres e homes que, baixo as siglas do BNG, nos presentamos ás eleccións por que sabemos que Castro é un sitio con moitas posibilidades para convertelo nese lugar no que a xente quere vivir e traballar” afirmou a cabeza de lista Digna Lagarón.

Lagarón afirmou “conformamos un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e coas ideas claras para facer un Castro mellor” e engadiu “realizaremos unha xestión democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais”. Ademais o BNG aposta por  elaborar un Plan para dotar os núcleos rurais de auga potábel, saneamento, acceso viario e transporte público.” Promoveremos a construción de dúas novas depuradoras e de vivendas sociais” apuntou Lagarón.

Entre os obxectivos da candidatura do BNG de Castro de Rei está  mellorar as comunicacións co espazo tecnolóxico de Rozas para potenciar as actividades do comercio local e crear riqueza e emprego no noso concello. “Realizaremos unha xestión dos residuos baseada na recollida selectiva e no reciclaxe” dixo a voceira do BNG.

Tras Digna Lagarón Doval, figuran na lista Miguel Saavedra Portela, Edgar Paz Iglesia, Ana María García Corral, Ana Belén Veiga Teijeiro, Felipe Andión Penelas, Isabel Buíde Carballosa, Anibal Rodríguez Otero, María Angeles Freire Castro, David Vivero Novo, Alfonso Legaspi Veiga, Olga García Portela e Serafín Carballo Carballeira. Como suplentes están Mónica Arias Díaz, Domingo Emilio Pérez Pico e Alejandra Cortón Veiga.

Etiquetas