A Festa da Filloa de Muimenta contará cunha exposición de cans de caza

A XXVIII edición da Festa da Filloa de Muimenta, que se celebrará como é habitual, o vindeiro primeiro de maio contará un ano máis cunha exposicións de cans de caza.

Toda aquela xente que queira acudir cos seus cans á exposición dos Cans de Caza da Filloa debe poñerse en contacto coa organización. O xuíz encargado desta edición será Andrés Astudillo Iraola, que deberá escoller, e a partir das 17:00h horas entre as  cinco modalidades, mellor can de raza de caza maior e menor, mellor cachorro e mellor grupo de cans de caza.

O programa da feira presentarase o vindeiro luns 29 de abril, ás 11:00 horas, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

A comisión organizadora acudirá o 26 e abril ao programa da TVG Luar, para a promoción da Festa da Filloa deste ano.

A organización da Festa da Filloa recae na Asociación de Empresarios de Muimenta, a través das comisións da Moexmu, e colaboran o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo, a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e numerosas empresas e particulares.

Etiquetas