Ángel Seoane intégrase na lista do PP en Guitiriz

Ángel Seoane Lamela intégrase na lista do alcaldable popular de Guitiriz, José María Teixido, de cara ás vindeiras eleccións do 26 de maio. Este técnico especialista en Electromecánica residente en Pígara onde forma parte da asociación de veciños de San Pedro como tesoureiro, ademais de ter sido presidente da asociación de montes desta mesma parroquia, é o actual xefe da estación de Supervisión y Control (ITV) en Lugo e concorrerá como número 2 da candidatura do Partido Popular.

Teixido agradece a incorporación na lista deste candidato que considera de “gran valía”. Así mesmo, avanza que o proxecto do Partido Popular está preparado para “sacar a Guitiriz do declive no que o meteu o Partido Socialista” gobernando “por e para todos dende o traballo serio que ofreza estabilidade”.

Nese sentido, a candidatura popular contará tamén con Francisco José Penas Pardo –de Parga-, María Manuela Carballeira –de Guitiriz- e Mónica Vázquez –de Mariz-, que repiten nos primeiros postos con respecto aos anteriores comicios electorais.

Renovación nun 56%
O alcaldable popular salienta “a renovación do 56% da lista na que figuran 9 novos nomes dun total de 16 veciños e veciñas”. Ademais, trátase dunha lista paritaria con 8 homes e 8 mulleres procedentes das distintas zonas do municipio e que representan a diversos sectores da sociedade guitiricense. Así, formarán parte da candidatura que encabeza Xosé María Teixido tanto “funcionarios coma traballadores do sector agrogandeiro ou da hostalería; así coma empresarios e persoas relacionadas co deporte”.

Etiquetas