Bouso presenta a súa lista para as Eleccións Municipais

O candidato do PP á alcaldía da Pastoriza, José Bouso, deu a coñecer a lista coa que concorre ás vindeiras eleccións municipais co obxectivo de recuperar a alcaldía no municipio cun equipo multidisciplinar e comprometido integrado por 8 homes e 6 mulleres.

Tralo coñecido empresario ocupa o número 2 da candidatura Digna Iglesia, traballadora do Concello e procedente da parroquia da Regueira, seguida de Alberto Legaspi, natural da Aguarda que traballa como comercial. Luís Miguel Iglesias, xerente dunha empresa informática da parroquia de Saldanxe será o número 4 da candidatura popular onde ocupa a quinta posición a gandeira de Álvare Yésica Rielo.

A directora dunha multinacional textil natural da parroquia da Regueira, Rocío Rigueiro, ocupa a seguinte posición da lista seguida do empresario Manuel Ángel Silva –da parroquia de Reigosa-; do gandeiro e agricultor en ecolóxico Diego López –da parroquia de Crecente-; a perruqueira Eva Gacio –de Lagoa-, o exfuncionario da Xunta Carlos Lanzós –de Corvelle- e a auxiliar de enfermería Clara Reigosa –da parroquia de Úbeda-.

Completan a candidatura como suplentes o autónomo xubilado Nilo Felipe Fernández –de San Cosme de Piñeiro-, a mestra Cristina Cuba Carracedo –de Bretoña- e o empresario José María Rigueiro Otero –da parroquia de Pousada-.

Bouso explica que o proxecto popular para A Pastoriza “conta con veciños e veciñas das diversas parroquias vencellados a distintas actividades que traballarán por ofrecer futuro ao municipio”. Para iso avanza que “apoiaremos aos distintos sectores produtivos” e “tampouco esqueceremos a dotación de servizos, o fomento do deporte, a cultura e a actividade social; así coma a potenciación dos nosos recursos e do patrimonio histórico do municipio pastoricense”.

Ademais de José Bouso Alvite, seguen na lista Digna Iglesia Aguiar, Alberto Legaspi Ferreiro, Luis Miguel Iglesias Alvite, Yesica Rielo Salgado, Rocío Rigueiro Rivas, Manuel Ángel Silva Otero, Diego López Rodríguez, Eva Gacio Arias, Carlos Lanzós Alonso e Clara Reigosa Cabaneiro. Como suplentes van Nilo Felipe Fernández, Cristina Cuba Carracedo e José María Rigueiro Otero.

Etiquetas