Cospeito acolle o domingo a primeira concentración de vehículos clásicos a motor

Coincidindo coa celebración da XXX edición da Feira da Maquinaria en Cospeito, terá lugar a primeira concentración de vehículos clásicos a motor.

Esta concentración está aberta tanto a coches, como motos e camións e os interesados en participar poden inscribirse nos teléfonos 685 369 015 e 679 800 931.

O prezo de participación é de 4 euros e entre todos os que asistan haberá sorteos e premios.

Etiquetas