Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O Descenso do Miño, a proba máis importante do piragüismo galego, reunirá a máis de 300 padexeiros

Por 26 Abril, 2019Sin comentarios

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, presentaron no Club Fluvial de Lugo a LXIII Edición do Descenso do Miño, a segunda proba de piragüismo máis antiga de España, organizada polo Club Fluvial de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo. 

A proba, que terá lugar o día 4 de maio, conta con dous percorridos, o primeiro, de 17 quilómetros, dará comezo as 16:30 horas desde o concello de Rábade e competiran homes e mulleres das categorías de xuvenil, sénior e veterán das modalidades K1, K2 e C1. Por outra banda os cadetes, tanto nas categorías feminina como masculina, e tamén nas modalidades de K1, K2 e C1 descenderán 8 quilómetros, partindo, as 17.30 de Hombreiro. Ambas probas rematarán no Club Fluvial.

Rivera Capón destacou que: “por historia, tradición, recoñecemento e participantes esta proba é a máis imporante de Galicia, unha honra apoiar esta proba durante tantos anos e apoiar aos clubs que tanto fan polo piragüismo na provincia, un deporte co que estamos altamente comprometidos”.

Un ano máis as cifras de participación superarán os 300 padexeiros, as 270 embarcacións e os 30 clubs de toda Galicia. As inscricións continúan abertas ata o próximo luns na Federación Galega de Piragüismo.