Skip to main content
ActualidadeCospeito

A XXX edición da Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades será está fin de semana

Por 26 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello de Cospeito organizará un ano máis a Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades, que terá lugar a fin de semana do 27 e 28 de abril.

A que xa é a XXX edición desta celebración intentará voltar a ser un referente nos sectores da maquinaria usada e nova, agrícola e industral, a artesanía, os anticuarios, a floricultura e todo tipo de dispositivos que se poidan ver nunha feira. Contará con 25 expositores de maquinaria, 50 de artesanía de Galicia e León e outros 25 anticuarios chegados de toda Galicia.

abrirá as súas portas o sábado 27 ás 10.00 no recinto feiral e media hora máis tarde farano o pavillón dos deportes, onde estará ubicada a exposición de anticuarios. Aínda así, a inauguración oficial coas autoridades será ás 13.30 horas. Estas dúas mostras permanecerán abertas ata as 20.30 horas. O domingo repetirase o horario, desde as 9.00 horas  tamén coa clausura oficial ás 20.30.