Árbol organiza o seu tradicional campionato de tute

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza para o día 4 de maio o IX Campionato de Tute. A inscrición é de balde para os socios, e 10 euros para o resto das persoas. Para anotarse a data limite é o día 1.

Haberá premios para os primeiros clasificados, e ademais ao rematar tamén poderán desfrutar de pinchos gratis.

Para inscribirse hai que chamar ao 658.89.56.32 ou 610.86.22.70.

Etiquetas