Comeza unha nova edición do concurso de tapas de Rábade

O Concello de Rábade celebrará unha nova edición do Concurso de Tapas, que xa vai pola sétima edición. Nesta ocasión participarán dez locais do concello: Ágora, Arcos, Avenida, Brétema, A Cantina, Os Castro, Bar Centro, Bar Cruz, Mozart e Papyrus, que ofertarán aos seus clientes unha tapa da súa propia creación e que terá un prezo de 2 euros.

Estes pequenos entremeses serviranse en todos estes locais e comezarán o 30 de abril pola noite, o día 1 durante todo o día, o día 3 pola noite, e 4 e 5 de maio durante todo o día.

O concurso, que está organizado pola Asociación de Hostaleiros e da Alimentación de Rábade en colaboración co Concello de Rábabe, sorteará varios regalos entre todos aqueles que completen a ruta e que consistirán en doce prazas para visitar unha bodega aínda por confirmar con desprazamento e comida incluídos e unha tablet.

Etiquetas