Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Dúas charlas analizarán en Friol a educación e a saúde no deporte

Por 30 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello de Friol e o GCR 4 organizan unh ciclo de dúas charlas sobre educación e saúda no deporte, que celebrarán as oito da tarde no Centro Sociocultural. A primeira das ponencias terá lugar o 2 de maio e leva o título Educación deportiva desde a infancia ata a madurez, a cargo de Víctor Arufe Giráldez, profesor da Universidade da Coruña elexido mellor docente de España nos premios Educa Banca 2017.

A segunda das charlas será o día 7 de xuño e estará cargo de José Luis García Soidán, profesor da universidade de Vigo, doutor en mediciña cirúrxica e investigador principal Gurpo Hi10. Falará de Alimentación saudable no deporte e na actividade física.

As charlas están dirixidas ao alumnado do CPI Doutor López Suárez de Friol.