Skip to main content
ActualidadeBegonte

Comeza a novena da Virxen dos Milagros de Saavedra

O día 24 de maio celebrarase a festa na honra a Virxen dos Milagros de Saavedra, onde haberá misas durante todo o día no santuario de 7:00 a 13:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas. A sesión vermú e a festa serán amenizadas pola Orquestra Triunfo.

O día 25 e 26 as misas serán ás 11:30, ás 12:30 e ás 13:30, para despois dar paso a sesión vermú coas orquestras Alianza e Combo Dominicano, o día 25, e o dúo La Hora Bruja o venres 26.

Para a parroquia begontesa trátase da festa máis importante do ano coa celebración da festividade en honra á virxe dos Milagros, que reúne cada ano no santuario a centos de devotos, que aproveitan a data para facer unha andaina ata a igrexa. A novena empezará o día 14 de maio e celébrase cada día ata o martes 22, a partir das 20.30h, co rezo do santo rosario, ao que segue a misa predicada polo párroco Gonzalo Fraga Vázquez.

Aínda que o día grande en Saavedra é o 24 de maio, a fin de semana seguinte haberá máis festexos na honra á virxe dos Milagres.

Tamén, haberá servizo de comidas no campo da festa por bar Os Castro para o que haberá que facer reserva chamando ao 679 42 83 44. Ademais tamén haberá outros postos tradicionais desta romaría, como os de rosquillas e os de artesanía.