Skip to main content
A PastorizaActualidade

A cuarta excavación do Castro de Saa descobre unha vivenda de dúas habitacións

Por 3 Maio, 2019Xuño 4th, 2020Sin comentarios

Xa está rematada a cuarta campaña de excavación do Castro de Saa da parroquia de Baltar na Pastoriza, e despois da entrega do informe puntual para Patrimonio para que se autorize a continuación están a agardar bos resultados.

“Unha vez que Patrimonio autorize farase a consolidación dos muros das estructuras que se recuperaron, e esperamos que sexa nun par de semanas”, di o arqueólogo Emilio Ramil.

“O resultado foi moi positivo, o obxetivo era ver como estaba o recinto habitacional hacia a zona da entrada, polo cal recuperamos o paramento interior da muralla e estructuras adosadas” explica Emilio. É dicir, hai dúas fases de ocupación e descubriron dous muros da primeira fase, un deles é curvo e está cortado precisamente pola construción da segunda fase que é unha casa galaico-romana como a que hai na zona de abaixo, pero neste caso é unha vivenda máis complexa, xa que ten dúas habitacións, xa recuperadas, e o van da vivenda.

Atoparon tamén cinco muros cunha medianeira entre as dúas habitacións da mesma vivenda, datada na segunda fase da ocupación da época galaico-romana, e que está adosada ao paramento interior da muralla. O arqueólogo explica que os muros da vivenda continúan polos perfis polo que afirman que é bastante grande. “Ademais temos a soleira exterior do van da porta, un chanzo que é a baixada da casa e o pavimento interior de arxela pisada”, indica.

“Hai moitas cousas aínda por desenterrar e deberíamolas deixar para unha futura campaña de excavación”, engade o arqueologo.

Nesta nova excavación apareceron bastantes fragmentos de cerámica fina romana, ademais dalgúns anacos que se podne casar e dar forma de taziña. “Temos bastante sigillata en comparación coa outra zona. No punto de vista estructural e a nivel patrimonial dos restos cerámicos, a campaña foi moi interesante”, conclúe.