A Casa-Museo abrirá os sábados, domingos e feriados de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30

Coa chegada do mes de maio, a Casa-Museo Manuel María muda de horario e amplia os tempos de apertura para poder ser visitada. Así calquera persoa que se achegue un domingo pola tarde a Outeiro de Rei da Terra Chá para visitar a casa natal do escritor chairego, poderá facelo e é que a Casa-Museo abre este día da semana pola tarde até o mes de setembro incluído. Por tanto, o horario dos próximos meses será de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 os sábados, domintos e feriados.

A Casa-Museo Manuel María é o espazo de referencia para se aproximar ao importante legado de Manuel María, nomeadamente, a súa obra creativa. Alí está a biblioteca persoal do escritor composta por máis de 12.000 volumes, a súa colección de pintura na que están algúns dos mellores artistas galegos contemporáneos, os obxectos persoais, toda a documentación do escritor, o seu mobiliario, etc. As persoas que se acheguen poderán descubrir o universo íntimo e creativo de Manuel María, así como a realidade social, política e cultural da Galiza que lle tocou vivir.

Etiquetas