Skip to main content
Actualidade

A romaría de Penas de Rodas será o 30 de xuño

Por 6 Maio, 2019Xuño 4th, 2019Sin comentarios

A XXXIX edición da romaría de Penas de Rodas, que se celebra na localidade de Gaioso, en Outeiro de Rei, terá lugar o 30 de xuño, cunha programación variada con xogos infantís, música, baile e moitisimas sorpresas.

A programación dará comezo ás 10.30 horas coa celebración dun triangular e fútbol mentres que pouco antes do mediodía iniciaranse as actuacións musicais co grupo tradicional Sons da Chaira e a escola de gaitas e percusión de Penas de Rodas. Esta actuación dará paso á apertura da I Feira de Artesanía e media hora máis tarde aos xogos populares.

Á 13.00 horas, Alfonso e Carmiña, mestres do primeiro grupo de baile da Asociación Penas de Rodas, ofrecerán o pregón antes da sesión vermú, que estará a cargo do dúo Estrellas.

O acto central é o xantar campestre, que dará comezo ás 15.00 horas seguido da actuación do grupo tradicional Airiños de Orbazai.

Ás 17.00 haberá unha representación da Escola de Teatro de Penas de Rodas para pechar, ás 19.00 horas, a Feira de Artesanía e dar por finalizada a romaxe.

Durante a xornada estarán á venda pan, empanadas, polbo e churrasco e haberá tamén servizo de bar.

DENUNCIA

Aproveitando tamén o establecemento desta data, os organizadores e veciños do lugar denunciaron o estado de abandono no que se atopa esta área recreativa no tocante á súa limpeza e polo comportamento incívico de algúns usuarios, que deixaron o lugar chego de lixo.

Os veciños culpan desta situación, entre outras, aos mozos que fan botellón na zona así como outros colectivos que fan xuntanzas no lugar e non recollen os desperdicios.