Skip to main content
Actualidade

O BNG presentou a candidatura “para gobernar o concello de Outeiro de Rei”

O BNG presentou a candidatura completa para as eleccións municipais no concello de Outeiro de Rei. A candidatura está encabezada por Xosé Ferreiro, ao que seguen Xabier Molinos e Elvira Lombao. A candidatura do BNG é, en palabras de Ferreiro “un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e con ideas claras para facer de Outeiro de Rei un concello transparente e sen favoritismos”. Ferreiro asegurou “as persoas que integran esta candidatura, comprométense a realizar unha xestión democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais”.

“Crearemos un centro de día, remataremos coas cacicadas nas contratación de persoal e traballaremos para un mellor abastecemento da auga” anunciou Ferreiro que sinalou “temos un concello con cartos por que o actual goberno do PP non é capaz de execturar o orzamento municipal, e o BNG ten propostas para mellorar a calidade de vida da veciñanza tanto na vila como nas parroquias”. Ferreiro sinalou que “o feito deque sexan 6 as candidaturas que se presenten ás eleccións municipais van facer que o BNG teña a oportunidade de converterse na forza que lidere o goberno municipal a partir do 26 de maio”.

Xosé Ferreiro fixo referencia ao traballo feito durante estes catro anos “demostramos coas nosas propostas que somos a única forza con proxecto político para Outeiro e con ideas para facer de Outeiro un concello referente na comarca”. O candidato á alcaldía falou tamén da necesidade de “acometer melloras na rede de saneamento e ampliala ás parroquias, de garantir a caliade da auga e de facer as obras necesarias na depuradora”. Ferreiro rematou insistindo na necesidade de “devolverlle ao concello de Outeiro a confianza e respecto que perdeu durante todos estes anos do goberno do PP polo xeito discutible na contratación de empresas e familiares afíns ao alcalde e ao partido popular”.

Candidatura do Bng

1.Xose Ferreiro Fernandez

2.Francisco Xabier Molinos Campos

3.Elvira Lombao Vila

4.Maria Montserrat Tubio Fernandez

5.Rita Castedo Meilan

6.Luis Fernando Regueiro Otero

7.Xose Ramon Rodriguez Iglesias

8.Davinia Rubinos Regueiro

9.Estefania Mendez

10.Sara Coello Sanchez (Independiente)

11.Orlando Vivero Veiga

12.Sandra Regueiro Vilarin

13.Ramon Xoan Parga Vazquez

Suplentes

1.Arcadio Lombao Roman

2.Dulce Maria Neira Fraga

3.Xoan Manuel Tubio Fernandez