Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O GES de Guitiriz di que a alcaldesa abandona o mandato co despido do persoal

Tras vencer o prazo do ERTE decretado pola alcaldesa de Guitiriz en xaneiro para o persoal do  GES, a alcaldesa procedeu a despedir por causas obxectivas aos 7 operarios do GES, faltando así ao dito en xaneiro cando dixo que non habería despidos ate que outro concello se fixera co servizo do GES.

Con esta medida, a alcaldesa socialista despidese do goberno municipal con 7 despidos,  coa destrucción de 12 postos de traballo no Concello e coa extinción dun servizo público esencial como é o servizo de emrxencias.

Desde a CIG entenden que os despidos non atenden á legalidade e como tal presentaremos demanda contra os mesmos por consideralos despidos nulos.

Desde a CIG entenden que a extinción do servizo dos GES e os despidos correspondentes non atenden a nengunha razón obxectiva, senón a un capricho da alcaldesa por desfacerse duns traballadores e traballadoras que lle resultaban incomodos por ter reclamado dereitos que lles eran propios como se ten demostrado nas resolucións da Inspección de Traballo e nas varias das sentenzas dos xulgados do social ao respecto.

“A deriva caprichosa da alcaldesa vaille ter un alto custo aos veciños de Guitiriz” din desde a CIG, dado que xa só estes 4 meses de 2019 ao concello “vanlle supor o montante de 55000 euros entre salarios e indemnizacións, e ademais para que non traballaran, cando de continuar co GES e estando traballando o salario destes trablladores é asumido ao completo entre Xunta e Deputación” engaden. A este custo haberá que sumar a posteriori os salarios de tramitación e a asunción da plantilla.