A Feira de Artesanía de Vilalba terá lugar esta fin de semana

O centro de Vilalba acollerá esta fin de semana a que será a terceira edición da Feira de Artesanía, na que se espera unha participación similar á do ano pasado, que rondou os 30 artesáns que mostraron 25 disciplinas artesanais, entre as que figuraban liño, lá, coiro, xoias, zocas, madeira, vidro, etc.

O obxectivo desta mostra é formativo. Contempla unha exposición das distintas disciplinas que se compaxinará con representacións en vivo a través de distintos talleres.

Esta mostra celebrase en dúas xornadas. O sábado 11 abrirá as portas ás 11.00 horas e pechará ás 21.00 mentres que o horario do domingo día 12 de abril será de 10:00 h. a 20:00 h.

A III edicion da Feira de Artesanía de Vilalba mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes para os artesáns, que poderán formalizar este trámite antes do 28 de abril.

Como en anos anteriores só poderán pariticipar as persoas e empresas que acrediten o seu rexistro de artesán ou os produtos comercializados que sexan orixinais, innovadores, sostibles ou que representen calquera outro valor engadido.

Etiquetas