Seguen a producirse vertidos á Lagoa de Cospeito

Os socialistas de Cospeito queren denunciar o que está acontecendo na mal chamada vella depuradora de Feira do Monte, porque nunca chegou a funcionar e os vertidos ían directamente á Lagoa de Cospeito, e esto é o que segue acontecendo agora mesmo, xa que a pesar de que hai tempo entrou en funcionamento a nova EDAR de Feira do Monte, os residuos de parte do pobo, non son bombeados debidamente e seguen a verter directamente na Lagoa.

Nun paseo pola Lagoa podese ver un peche de madeira no que hai colocados carteis indicativos, parece que todo está ben, pero en realidade, tras dese peche está ou debera estar totalmente precintadas as vellas instalacións, que nunca estiveron legalizadas nin en funcionamento por iso os residuos vertían directamente na Lagoa. Pero por debaixo diso podese ver un río de lodos que verten directamente e constantemente á Lagoa, e  incluso colectores de vertidos manipulados e levantados para permitir a saída dos residuos.

O grupo socialista espera que se lle poña solución para que non teñan que pagar sancións por ditos vertidos como aconteceu non hai “moito tempo”, e polo que a Confederación Hidrogáfica sancionou  ó Concello de Cospeito con máis de 30.000 euros e que saíron das arcas municipais.

Etiquetas