Presentación en Vilalba das ‘Lendas e versos’ de Emilia Martínez Fuentes da NPG

Lendas e versos é o poemario de Emilia Martínez Fuentes da NPG Nova Poesia Guitirica, será presentado o 31 de maio no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba ás 20:30 horas.

Neste acto, ademáis da autora, Emilia Martínez Fuentes, participarán compañeiros poetas da NPG, entre outros Antón de Guizán, Branca Villar, María Pereira, Moncho Bouzas, Xelo Teijido  e Clara Blanco. Contará tamén  coa participación das poetas vilalbesas Pilar Maseda (NPG) e Luz Airado, a poeta labrega de Taboada Ana Vila Portomeñe, a gañadora do Certame Vilariñas 2018 Beatriz Dourado, Ana Mar Fraga  e o poeta da Irmandade poética luso-galaica Jose Carlos Ulloa.
O grupo poético-musical vilalbés CORREDORES DE SOMBRA tamén actuará na presentación.
O libro, de Aliar Ediciones, é a primeira obra publicada por Emilia, natural de Monfero e afincada desde hai máis de 25 anos en Vilalba.
Os debuxos e ilustracións son da súa filla Isabel Pardo (NPG), e mistura prosa con lendas recollidas e escoitadas de seu pai con poemas de creación propia nunha publicació  orixinal e de grande calidade.
Este acto, forma parte fo programa de novidades #Do Trinque promovido pola NPG Nova Poesia Guitirica e Os Vilares lareira de soños, que ten realizado este mes tamén, a estrea de Corresdores de Sombra, o pasado día 4 en Biblos Clube de Lectores de Betanzos.

Etiquetas