Skip to main content
Actualidade

Os candidatos populares da Terra Chá amósanse satisfeitos coas axudas do Aprol Rural e de turismo

Por 13 Maio, 2019Sin comentarios

Os candidatos de Vilalba, Guitiriz, Muras, Abadín, Xermade, Begonte, Castro de Rei, Pol, A Pastoriza, Ribeira de Piquín e Cospeito trasladan publicamente a súa satisfacción ao constatar que a Xunta vén de conceder máis de 345.000 euros no marco do programa Aprol Rural e das axudas de turismo deste ano. Deste xeito, grazas ás políticas autonómicas, estes Concellos poderán contratar 29 desempregados durante 9 meses para desempeñar traballos relacionados coa silvicultura, limpeza e prevención de montes.

Vilalba, Guitiriz, Muras, Xermade, Castro de Rei e Cospeito, reciben cada un 26.300 euros para a contratación de 2 traballadores en cada caso; Pol e Begonte 26.044 cada un para 6 e 5 empregos, respectivamente; A Pastoriza e Ribeira de Piquín 13.150 euros cada un para 1 e 4 postos de traballo; e Abadín 15.000 euros para 1 traballador.

Con cargo ás axudas de turismo, os municipios beneficiarios son Guitiriz, Abadín, Cospeito e Pol. No primeiro caso, executarase con 31.450 euros a recuperación da ruta da auga ao seu paso por San Alberte; en Abadín, con 7.865 euros, a mellora da accesibilidade de recursos turísticos do municipio; en Cospeito, con 44.976 euros, a interconexión entre a Lagoa e Feira do Monte; e en Pol, con 10.263 euros, a posta en valor de cruces e cruceiros do concello.

Deste xeito, Agustín Baamonde, José María Teixido, Eugenia Requeijo, José María López Rancaño, Antonio Riveira, José Ulla, Francisco Balado, Artemio Carballés, José Bouso,  Javier Ruíz de Almirón e Armando Castosa destacan a xestión do Executivo de Feijóo, que, “unha vez máis, amosa unha gran sensibilidade por atender as nosas propostas. Crear emprego e facer da nosa comarca un lugar atractivo no que investir, traballar e vivir é a nosa prioridade. Por iso, que os nosos Concellos reciban preto de 60 millóns de pesetas débese, cando menos, valorar e poñer en valor”, conclúen.