Abre a piscina da Pastoriza tras varios anos de trámites

Este xoves abriu ao público a piscina minicipal da Pastoriza, que terá horario continuado de mañá e tarde e que contará con diferentes actividades e cursos de natación para todas as idades. A piscina abre cun horario provisional de cursos ata que se asente a demanda e podan organizar en función das necesidades.

O uso da piscina será gratuíto o que queda de mes pero a partir do 1 de xuño será solo para abonados. As tarifas oscilarán entre o 3 euros por día e os 35 ao mes para os bonos familiares.

Así mesmo, haberá cursos de acondicionamento físico, mantemento, balance, aquagym, cardio, powerpump, baile latino e pilates, entre outros. Esto é así porque a piscina dipsón tamén de spa, sala fitnes e ximnasio.

O Concello da Pastoriza asinou cos responsables da empresa Veolia a xestión da piscina por un período de tres anos. Esta obra sofriu un retraso de varios anos debido a problemas administrativos e falta de entendemento entre os gobernos local, autonómico e provincial.

A piscina conta coa súa propia web na que se informa dos horarios das distintas actividades e de todo relativo a este complexo deportivo.https://piscinadapastoriza.es/

Etiquetas