Entregados os premios do Concurso de Tapas de Rábade

A tapa co título Camiño de Ferro, elaborada por A Cantina, foi a gañadora da VII Edición do Concurso de Tapas de Rábade, alzándose co segundo posto a tapa Pikaña Granny Smith, da Cafetería Papyrus.

O alto nivel das tapas ofertadas, motivou que o resultado final fose moi disputado, así como que a media de tapas consumidas en cada local, superou as 600.

Etiquetas