Skip to main content
ActualidadeVilalba

Un único acertante da Bonoloto gaña en Vilalba 7.200 euros

Por 16 Maio, 2019Sin comentarios

A librería Pergamino de Vilalba vén de repartir un novo premio esta semana, para continuar coa súa xeira de agraciados desenvolvida no último mes.

Así, esta administración certificou unha bonoloto cuio premio en metálico é de 7.200 euros para un único acertante.

Este xa é o terceiro premio de relevancia que reciben na Librería Pergamino que, como receptor número 49.390, abriu as súas portas o mes de abril de 2017 na rúa Campo da Ponte, 26.

O primeiro premio de cuentía importante entregouse o 13 de setembro de 2018 por un valor de 60.336, tamén dunha bonoloto. O 17 de xaneiro repartiu o segundo premio da Lotería Nacional do xoves con 6.000 euros de premio e onte os 7.200 doutra bonoloto, polo que xa son un premio cada catro meses.