Skip to main content
ActualidadeBegonteRábade TERRACHÁXA

Abre o prazo de inscrición na escola de Música Asociación Crisanto

Por 18 Maio, 2019Sin comentarios

A escola de música Asociación Músico Crisanto de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte abriu o día 14 de maio o prazo de matrícula para o curso 2019-2020 para alumnado da escola e para novo alumnado o día 4 de xuño, pechándose o día 25 de xuño.

Ao igual que estes últimos cursos, o proceso de matrícula incluirá xa a reserva de horario, por orde de inscrición. Aínda que a pauta recomendable para a escolla de horario sexa a de clases dunha hora, o sistema permite escoller tramos de media hora, de modo que para recibir unha clase dunha hora enteira deberase seleccionar dous tramos consecutivos de media hora (por exemplo, para ter clase de 18:00 h a 19:00 h escollerase os tramos 18:00-18:30 e 19:00-19:30).

Neste curso, a interface será exactamente igual á do curso pasado, de modo que xa será coñecida para a maioría, e estará accesible, xunto coa información de horarios dispoñibles que se están a actualizar nestes días, na seguinte ligazón https://musicocrisanto.com/inscricion-2019-2020/. Quen desexe realizar o trámite presencialmente, pode facelo na oficina da asociación (Centro Sociocultural de Rábade, 1º andar) no horario habitual de secretaría deste curso: martes e venres de 10:00 h a 13:30 h e venres de 18:00 h a 20:30 h.