O Iescha organiza un debate electoral entre os líderes das catro candidaturas ao Concello de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos Pena do Encanto incluíu na súa programación correspondente ao presente ano 2019 a realización dun debate entre os cabezas de lista das candidaturas presentadas ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio. Con este motivo, o IESCHA organiza dito debate que se celebrará o xoves, día 23 de maio, a partir das 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.

O debate estará moderado polo xornalista vilalbés Baruk Domínguez, e nel participarán os candidatos á alcaldía de Vilalba das catro formacións políticas que se presentan Agustín Baamonde, polo PP; Elba Veleiro, polo PSOE; Modesto Renda, por Vilalba Aberta; Víctor Rei, polo BNG.

O Iescha convida a todos os veciños do concello de Vilalba, e ao público en xeral, a asistir ao mencionado acto, para que poidan coñecer directamente por boca da candidata e dos candidatos os correspondentes programas electorais e dispoñer deste xeito dunha informa- ción o máis completa posible á hora de exercer o dereito ao voto.

Etiquetas