Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Deputación arranxa a LU-P-2301, en Guitiriz, por petición veciñal

Por 22 Maio, 2019Sin comentarios

O PSOE dende o Goberno da Deputación responde a unha necesidade dos veciños de Guitiriz co arranxo integral da LU-P-2301, que une o núcleo urbano deste municipio co Barrio do Merendero.

O Secretario Xeral Provincial do PSOE e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e a candidata do PSOE á alcaldía de Guitiriz, Marisol Morandeira, informaron que se mellorará con 180.000 euros outros 3 quilómetros máis desta vía provincial. Estas obras xa están contratadas con dito orzamento, pois así o aprobou o Executivo da Deputación en Xunta de Goberno.

Os traballos executaranse entre os puntos quilométricos 1,9 e 5,1. Estas actuacións engádense as feitas anteriormente, con outros 165.000 euros, dende puntos 5,1 e 7,4. En total, o Goberno da Deputación mellora 5,5 quilómetros da LU-P-2301 cun investimento de 345.000 do organismo provincial.

Os socialistas destacaron que estas melloras realízanse na vía provincial máis importante do Concello de Guitiriz, posto que é a estrada que enlaza a A-6 coa estrada autonómica LU-170 que vai de Parga a Momán, facilitando a conexión con Xermade en dirección a Viveiro e á Mariña lucense. “Beneficiaranse directamente os máis de 1.000 veciños que viven nos núcleos de dos Vilares, Buriz e Labrada”.

Os traballos financiados pola Deputación consistirán na mellora da estrada con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e repintando da sinalización horizontal e vertical.