Cruz Vermella de Vilalba trasladará ás persoas con problemas de mobilidade a votar

A Cruz Vermella de Vilalba trasladará gratuítamente a persoas con mobilidade reducida ás mesas electorais o próximo domingo día 26 de maio co obxectivo de que poidan exercer o seu dereito ao voto.

O prazo para solicitar este servizo remata o venres 24 de maio ás 14.00 horas e debe realizarse por teléfono no 620 218 127.

Etiquetas