Skip to main content
ActualidadeVilalba

Entrepinares ampliará as súas instalacións e contratará máis persoal

Por 23 Maio, 2019Sin comentarios

A empresa vallisoletana Entrepinares, afincada en Vilalba, presentou o Proxecto de Urbanización e Ampliación do Parque Empresarial de Vilalba, no marco dun concerto que ten co Concello de Vilalba para o desenvolvemento desta ampliación.

O acto coincidiu co proceso de verificación do replanteo para poder iniciar a obra.

Na presentación, á que asistiron o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, e o presidente da Asociación de Empresarios Sete Pontes, Álvaro Fraga, o director da planta, Javier Gato, explicou que a ampliación terá unha superficie de 85.732 metros cadrados. O parque contará con 65.732 m2 de uso industrial, con superficies entre 1.076 e 51.092 m2, unha parcela de 2.868 m2 para uso dotacional, unha zona verde de 9.115 m2, unha zona destinada a viario de 4.163 m2 e un aparcamento de 3.762 m2 cun total de 155 prazas.

Roberto Cabezas, director de Comunicación da compañía, declarou que con esta iniciativa Queserías Entrepinares quere seguir contribuíndo ao crecemento e dinamización da actividade industrial na sociedade vilalbesa. De feito, anunciou que ten previsto un incremento da produción do 10 por cento a finais de ano polo que esperar ampliar o número de traballadores en 30 máis. Este incremento é debido a unha nova línea de envasado que se está montando na actualidade.

Este incremento de produción e de personal levou á dirección da fábrica a pensar na ampliación das instalacións, algo que a firma quere ir adiantando para que os trámites no deteñan o crecemento máis adiante.

Os traballaron deron comezo e se espera que rematen antes de finais de ano. Segundo explicou o alcalde, o Concello recibirá 7.000 metros cadrados, que destinará á demanda de pequenas empresas.

A firme aposta de Queserías Entrepinares por Galicia dende 2010 coa pista en marcha da súa factoría de Vilalba destinada á producción de queixos tradicionais, queixos de untar e produtos lácteos en po, materializouse nestes 9 anos nuns investimentos de máis de 112 millóns de euros e a creación de 170 empregos estables como unha forma de entender a xestión de empresa dunha maneira responsable.