Guitiriz terá o día 1 unha sesión de Láser Tag

O Concello de Guitiriz acollerá o sábado 1 de xuño unha sesión de Láser Tag que se desenvolverá no campo da feira entre as 16.30 e as 20.30 horas.

Esta actividades está dirixida a público de todas as idades xa que non hai perigo de lesion e se trata de material seguro.

O interesados en participar necesitan inscribirse ás 16.00 horas en equipos de entre 3 e 6 persoas.

Tamén haberá outro tipo de xogos inchables como unha pista 3×3, obstáculos e un futvolei.

Etiquetas