Rábade organiza un curso de autodefensa para mulleres

O Concello de Rábade acollerá no mes de xuño un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.

Este curso, que será impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás forzas e corpos de seguridade do Estado, impartirarse en horario único de 9.30 a 13.30 horas entre o 3 e o 5 de xuño.

O curso impartirase no Centro Social de Rábade e para inscribirse hai que facelo no departamento de servizos sociais do Concello no teléfono 982 390 062, extención 1.

Etiquetas