Rábade clausura mañá as súas escolas deportivas

O Concello de Rábade celebra este xoves, ás 17.30 horas, no pavillón municipal, a clausura das escolas deportivas que se celebraron durante todo o ano nas especilidades de atletismo, xadrez, ximnasia rítmica, tenis de mesa e patinaxe.

Nesta xornada de convivencia reuniranse todos os rapaces e rapazas que participaron durante todo o curso para ofrecer unha demostración do aprendido e festexar o fin de festa.

Etiquetas