Nova edición do XLV Premio de Poesía do Concello de Vilalba

O Concello de Vilalba convoca o XLV Premio de Poesía do Concello de Vilalba, enmarcado no Certame Literario anual. Dende a Concellería de Cultura do Concello de Vilalba, fixeron públicas as bases para participar no certame.

O tema do traballo será libre e deberá como mínimo 500 versos, ademais o premio deste certame poético é de 7.000 euros, unha flor e un diploma.

Para participar, pódense enviar os traballos nun dos dous formatos: correo tradicional ou por vía electrónica, mediante un documento que se adxunta na páxina web do concello, a data límite é o 15 de xullo.

Etiquetas