Clausura da Escola de Música de Guitiriz

A Escola Municipal de Música de Guitiriz celebrará o día 1 de xuño, ás 20.00 horas, un concerto de fin de curso na Casa Habaneira aberto a toda a poboación.

Neste concerto participarán os rapaces das distintas disciplinas que se imparte, como iniciación musical, grupos de rock, música tradicional, piano, clarinete, saxo, gaita, precusión, guitarra e vento metal.

Etiquetas