Presentada de novo a candidatura de Avelino Díaz para o Día das Letras Galegas

A Asociación Cultural Avelino Díaz volveu presentar un ano máis diante da Real Academia Galega a candidatura do poeta local ao Día das Letras, neste caso do ano 2020.

No sitio web oficial da Asociación pode consultarse a solicitude enviada a todas e cada unha das persoas académicas e visionarse, igualmente, o vídeo oficial que acompaña a solicitude, coa interveción de catorce persoas de toda índole invocando outras tantas razóns polas cales consideran a Avelino merecente de tal homenaxe.

Etiquetas