Rábade entrega os premios aos gañadores do concurso das Letras Galegas

O Concello de Rábade fará entrega o 3 de xuño luns, os premios aos gañadores do concurso de contos Día das Letras Galegas. O acto terá lugar ás 16.00 horas no Concello.

Os afortunados foron, na categoría A, para Alba Enríquez Rodríguez, pola obra A Elexida; Aarón Camaño Gómez, por O Castelo de Anxo, e Kevin Varela Álvarez, por As travesuras de Chusco.

Na categoría B o primeiro premio foi para Ollala Camaño Gómez pola obra Nala a florista. A continuación foi permiada Candela Barreiro Enríquez por O misterioso arco da vella e Manuel Rodríguez Riguerio por O soldado Xosé.

Na categoría C só foi premiada María Cazón Fernández, por Pedriño e Anita.

Etiquetas