Recadados 700 euros para a AECC na mostra Belinda Paz

A Mostra de Danza Belinda Paz, posta en marcha pola Escola de Movemento de Vilalba para recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro, recadou un total de 700 euros, que se destinarán para a investigación e o apoio a persoas con esta enfermidade.

Aos 700 euros recadados coa entrada ao festival tamén se sumouse a cantidade depositada polo público no Auditorio Carmen Estévez, lugar onde se celebrou a gala.

Os asistentes ao festival puideron gozar coas 20 coreográficas que presentou a Escola de Movemento ao Mundial de danza, así como da actuación do grupo de baile do IES Terra Chá e da formación de percusión brasileira da asociación Andrade.

Etiquetas