As Pontes acolle o Memorial Carlos Fornos de piragüismo o día 9

O domingo 9 de xuño a partir das 10:00 horas terá lugar no Lago das pontes a desputa do Memorial Carlos Fornos/Trofeo José Ramón Corral 2019, regata das modalidades de K4 e C4 das ligas galegas de cadetes, junior, senior e veteranos, tanto masculinas coma femeninas. Esta proba encádrase Grupo 1 da Liga Galega.

A proba desenvolverase a partir das 10.15 horas, cando se de a saída á categoría cadete de homes e mulleres, seguida da júnior, os veteranos e os sénior, que percorrerán 3 quilómetros aproximadamente.

Ao final das 2 primeiras voltas (na primeira para os cadetes) portearase pola praia por unha distancia de entre 70m e 100m. A zona límite de embarque e desembarque estará debidamente sinalizada con bandeiras e valados.

A saída será dende a praia co cuarto integrante da embarcación en terra situado detrás dunha liña de cinta e na zona delimitada para as saidas na parte máis á dereita da praia.

A organización recomenda o uso de cubrebañeiras e achicadores en todas as embarcacións.

Ademáis dos premios individuais ás tres priemeiras embarcacións de cada categoría, a organización fará entrega de tres trofeos, o memorial Carlos Fornos ao mellor equipo senior, junior e veterano home; o trofeo memorial José Ramón Corral, ao mellor equipo cadete home e o trofeo Concello das Pontes ao mellor equipo feminino (todas as categorías).

En caso de que as condicións meteorolóxicas sexan de vento forte cabe a posibilidade de que a regata se realice no Encoro da Ribeira, xunto as instalacións do Grupo Xuvenil.

Etiquetas