Skip to main content
Actualidade

Marcelle abre o prazo de inscricións aos campamentos de verán

Por 3 Xuño, 2019Sin comentarios

O parque zoolóxico de Marcelle celebrará un ano máis unha serie de campamentos de verán para pequenos de todas as idades, que se desenvolverán en diferentes quendas durante o verán. Os campamentos levan o título xenérico de El ciclo de la vida.

A organización establece campementos cunha duración dunmha semana de domingo a venres para rapaces con idades entre 7 e 13 anos por un prezo de 295 euros e desconto para irmáns.

O campamento inclúe as actividades, a pernocta en tenda de campaña e a pensión completa.

Establécense catro quendas diferentes, do 30 de xuño ao 5 de xullo, do 7 ao 12 de xulo, do 14 ao 19 de xullo e do 28 de xullo ao 2 de agosto.

O prazo de inscrición xa está aberto e debe facerse teléfonicamente no 982 160 211. Os participantes nos campementos recibirán  un carné personalizado para entrar libremente durante todo o ano no parque.