Skip to main content
Actualidade

Castro de Rei xa está preparando unha nova Festa do neno

Por 4 Xuño, 2019Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei xa está preparando, para o domingo día 9 de xuño, a Festa do día dos Nenos, que este ano será en Castro Ribeiras de Lea e na que os máis cativos e os rapaces poderán desfrutar de xogos como inchables e tobogáns. Ademais como remate non faltará a divertida festa da escuma, polo que convén non esquecer levar roupa cómoda para poder desfrutar o máximo.

O horario da festa aínda está por conformar pero previsiblemente será dende as 16:30 horas ata as 20:00 h na carballeira ou, dependendo do tempo, no pavillón municipal.