Outeiro de Rei instala cinco desfibriladores en varios edificios públicos

Outeiro de Rei vén de instalar cinco desfibriladores en varios dos edificios públicos máis concorridos do concello como  a escola infantil, o colexio, o pavillón polideportivo, o campo de fútbol e o propio edificio do Concello.

O investimento para a instalación destes dispositivos foi de 11.800 euros, dos cales 7.900 foron do Concello, e o importe restante pola Xunta de Galicia. De este total, 3.900 euros destináronse á realización de cursos de formación para que todas as persoas que usan as instalacións poidan utilizalos.

Así, recibiron esta formación os profesores e conserxes dos centros educativos; os monitores do pavillón; os directivos, adestradores e xogadores do campo de fútbol e o persoal do Concello.

Etiquetas