Begonte clausura esta fin de semana as súas escolas deportivas

O Concello de Begontes celebra maña e o sábado senllas xornadas de clausura das actividades socioculturais e deportivas impartidas durante o ano en curso. Nesta ocasión as clausuras terán lugar no Pavillón  Municipal de Baamonde.

O venres 7 as actuacións darán comezo ás 16.15 horas coas exhibicións de patinaxe, taekwondo, ximnasia rítmica, multideporte, tenis e fútbol sala. A continuación terá lugar a apertura do stand de Robótica. Finalizará o evento coa entrega de medallas, ás 18.30 horas e unha festa infantil con inchables, globlofexia, pintacaras e baile.

O sábado 8, á mesma hora abrirá unha exposicións dos traballos dos alumnos de tapicería, manualidades, pintura e palilleiras de Begonte, que se combinarán cun stand de memoria. Ás 17.30 comezará a exhibición das actividades de zumba, aeróbic, pilates, ximnasia de mantemento, zumbe@ndo, bailes de salón e ioga. Finalizará o acto ás 18.30 horas coa entrega de medallas.

 

Etiquetas