Un xantar clausurará o 27 de xuño as actividades socioculturais en Riotorto

O Concello de Riotorto clausura as súas actividades sociais cunha comida que terá lugar o xoves 27 de xuño a partir das 14:30 horas.   O xantar estará amenizado polo dúo Estrellas e contará con empanada, paella, costela o forno, sobremesa e bebida no menú, que terá un prezo de 15 euros por persoa.

A celebración, aberta a todo o público, terá lugar no Mazo de Ferreiravella e a data limite de inscrición é o 24 de xuño. Terán preferencia as persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais. Os interesados en apuntarse poden chamar ao 608 897 418 ou poñerse en contacto cos monitores Montse, Pedro, Cristina e Lourido.

As actividades desenvolvéronse durante todo o ano para adultos e maiores.

Etiquetas