Carlos Yobani García participará no Campionato de Europa Júnior

Carlos Yobani García participará no Campionato de Europa Júnior que estase a celebrar en Pontevedra. Carlos que disputará a categoría de menos de 65 kg, chega á cita en plena forma despois dun período de adestramento intensivo ao que se sumuo o novo técnico do club, o ucraniano e dobre subcampión de Europa Sergei Priadun.

Carlos está a recibir o apoio dos veciños que se achegan ao club para animalo, algúns deles desprazaranse a Pontevedra para animalo en directo. Tamén recibiu o apoio do Secretario Xeral para o Deporte que onte se achegou a Vilalba para desexarlle sorte e animarnos a seguir traballando nesta liña.

Jose Ramón Lete Lasa aproveitou a visita para coñecer o estado de preparación e ánimo de José Cuba de cara á clasificación para os Xogos de Tokio así como para tomar nota dalgunhas das necesidades do club para mellorar o traballo.

Etiquetas