Volve unha nova edición da Romaría da Xestosa

O Concello de Muras celebrará a súa tradicional Romería de San Antonio da Xestosa, con actividades o 8 e 9 de xuño. O sábado haberá misa solemne con gaiteriso ás 12.30 horas con procesión seguida de sesión vermú coa orquestra Mayel e, pola noite, este mesmo grupo acompañará ao Combo Dominicano na verbena.

O domingo, haberá oficio relixioso tamén con gaiteiros á mesma hora e sesión vermú con Maracuyá.

Nesta romería, que se celebra ininterrompidamente dende hai un século, haberá poxas os dous días, sendo un dos poucos lugares de Galicia onde se conservan.

Etiquetas