Celebran unha camiñada por Vilalba mañá

O alumnado do ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia, profesorado e Centro Ocupacional Terra Chá organizan a última actividade que vai a levar a cabo a Miniempresa Rede Activa Vilalba situada no IES Lois Peña Novo.
Esta actividade será o día 10 de xuño e consistirá nunha camiñata de aproximadamento 8 km cunha primeira saída ás 9:30 desde o Ies Lois Peña Novo, ás 10:00 será a saída oficial desde o Megagadis. Para que ás 14:00 sexa a chegada e xantar compartido na Igrexa de San Xoan de Alba.
Recomendan levar roupa cómoda, chuvasqueiro, viseira e crema protectora, auga, unha peza de fruta e algo para xantar.

Etiquetas