Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras estrea un parque biosaudable na Casa do Médico

Por 11 Xuño, 2019Sin comentarios

O Goberno de Muras rematou os traballos de instalación dun parque saudable nas inmediacións da Casa do Médico, un lugar de esparcimento e exercicio para os maiores do municipio. Trátase dunha actuación que contempla a adecuación da parcela do Centro de Interpretación Ambiental. O obxectivo deste lugar é ser un centro de interpretación ambiental e de usos múltiples.

O proxecto contempla destinar a parcela a zona verde deixando unha parte pavimentada con lousa conectada co patio do centro de interpretación mediante a construción dunha escaleira en tres tramos. A proposta prevé conformar unha praza miradoiro e tamén recuperar os muros de pedra que conforman os distintos bancais.

Na parte superior da parcela, instalouse un circuíto biosaudable dividido en dúas zonas e composto por diferentes equipos de ximnasia. Este tipo de instalacións están deseñadas para a práctica de exercicio físico de persoas adultas a partir de 40 anos e especialmente recomendados para maiores de 60.

As obras están moi avanzadas e actualmente trabállase no axardinamento e no remate do pavimentado. Algúns dos equipos de ximnasia xa están instalados.

Este proxecto forma parte das iniciativas non produtivas financiadas con 62.900 euros a través do GDR Terra Chá, e encamiñadas á prestación de servizos públicos gratuítos, a impulsar dotacións e a mellorar a calidade de vida no medio rural.