Skip to main content
ActualidadeCospeito

Alumnos do CPI Virxe do Monte gañan un premio de Consumópolis

Por 12 Xuño, 2019Sin comentarios

Un equipo de cinco alumnos de Economía de cuarto da ESO do CPI Virxe do Monte de Cospeito, dirixidos pola profesora Cristina González, veñen de ver recompensado cun terceiro premio o seu traballo no concurso Consumópolis 14.

As gañadoras son Antía Barreira, Iván Dourado, Leticia Rodríguez, María Rodríguez e Paula Pumares que en outubro comezaron co sue proxecto, encamiñado a fomentar o consumo responsable para mellorar a calidade de vida. Primeiro visitaron a cidade virtual Consumópolis e logo deseñaron o seu propio produto, con etiqueta e ficha explicativa.

Eles apostaron por unha camiseta 100% algodón, que ilustraron nas costas cun debuxo orixinal de Leticia e o slogan Ti elixes. A parte frontal loce a versión de Paula dunha figura feminina reivindicativa. Tamén deseñaron e elaboraron a etiqueta da marca, bautizada como Xebre.

O venres 14 recollerán en Santiago o premio que acredita o seu bo facer.